Sergas Móbil

Punto de acceso centralizado aos recursos móbiles do Servizo Galego de Saúde (Sergas). 

Sergas Móbil é a aplicación a través da cal o Sergas achega á cidadanía o seu catálogo servizos dixitais. 

Entre eles, figuran: 

  • Xestión de pacientes. Xestión de múltiples pacientes introducindo os seus datos persoais unha única vez.
  • Tarxeta sanitaria virtual. Almacenamento da tarxeta sanitaria no móbil.
  • Chamadas ao 061. Chamada dende a app comunicando coordenadas GPS.
  • Cita de atención primaria. Xestión das citas de atención primaria a través do móbil.
  • Consulta de citas e obtención de quendas. Consulta de todas as citas de primaria e de especializada, e obtención de quendas.
  • Videoconsulta. Atención personalizada sen desprazarse ao centro.
  • Os meus centros. Busca de centros e ademais con xeolocalización.
  • Acceso entre as diferentes aplicacións. Acceso integrado a É-Saúde (servizos e contidos de saúde personalizados) e a outras aplicacións do Sergas.
  • Últimas novas. Consulta das últimas novas publicadas polo Sergas.
  • Redes sociais. Acceso ás diferentes canles que o Sergas ten nas redes sociais.
  • Mensaxes. Consulta de notificacións de carácter xeral enviadas polo Sergas para comunicar novidades, avisos, etc.

Descarga