- Inicio
- eServizos
- Chave365
-
Como xestiono a miña alta en Chave365?
- Que é e como funciona?
- Como xestiono a miña alta en Chave365?
- Onde solicito Chave365 de forma presencial?
- Como modifico a miña clave de acceso?
- Como recupero ou renovo a miña clave de acceso?
- Como renovo o meu usuario de Chave365?
- Como xestiono a baixa do meu usuario en Chave365?
- Outras preguntas frecuentes
-
eServizos
- Administración electrónica
-
Chave365
- Que é e como funciona?
- Como xestiono a miña alta en Chave365?
- Onde solicito Chave365 de forma presencial?
- Como modifico a miña clave de acceso?
- Como recupero ou renovo a miña clave de acceso?
- Como renovo o meu usuario de Chave365?
- Como xestiono a baixa do meu usuario en Chave365?
- Outras preguntas frecuentes
- Sistema de notificacións electrónicas de Galicia Notifica.gal
- Nodo de interoperabilidade de Galicia - PasaXe!
- Catálogos dos sistemas dixitais
- Servizos no mapa
- Portais A...Z
- Aplicacións móbiles
- Canle axudas
- Sede electrónica
- Toponimia oficial
-
Chave365
- Que é e como funciona?
- Como xestiono a miña alta en Chave365?
- Onde solicito Chave365 de forma presencial?
- Como modifico a miña clave de acceso?
- Como recupero ou renovo a miña clave de acceso?
- Como renovo o meu usuario de Chave365?
- Como xestiono a baixa do meu usuario en Chave365?
- Outras preguntas frecuentes
ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA
Como xestiono a miña alta en Chave365?
Para solicitar Chave365 é imprescindible dispoñer dun número de teléfono móbil, no que se recibirá a clave de acceso provisional e as claves de sinatura de cada operación.
Chave365 poderá ser utilizado polas persoas maiores de idade ou menores emancipados/as. A situación de menor emancipado/a acreditarase cunha certificación do Rexistro Civil que recolla esa circunstancia.
O sistema só está dispoñible para persoas físicas, sen prexuízo do seu uso por parte de representantes ou apoderados/as debidamente autorizados/as para estes efectos.
Non poderá solicitarse a alta en Chave365 en nome doutra persoa mediante unha simple autorización, salvo que se achegue un poder notarial orixinal xeral ou específico para a emisión de Chave365.
A alta en Chave365 pode realizarse:
- De forma telemática, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, onde é preciso premer sobre o botón de “Tramitar en liña” e dispoñer de certificado dixital, DNI electrónico ou Cl@ve permanente. Unha vez cuberto o formulario de alta e asinada a presentación, chegarán as claves de acceso ao teléfono móbil especificado. Se escolles a opción de certificado dixital ou DNI electrónico, lembra que precisarás ter instalada Autofirma.
- De forma presencial, para o que é necesario que a persoa interesada acuda persoalmente a algún dos órganos ou unidades administrativas que realizan as funcións de rexistro de usuarios de Chave365 e acredite a súa identidade mostrando o seu DNI ou NIE orixinais, válidos e vixentes. Para as persoas estranxeiras, a identificación farase mediante:
- TIE (tarxeta de identificación de persoas estranxeiras).
- Tarxeta vermella (asilo), certificado de rexistro de cidadáns/ás da UE ou documento oficial de concesión do NIE xunto co seu pasaporte.