Avisos

Ten dispoñibles para consulta 112 avisos:
Publicación das listas provisionais de actualización de méritos (Decreto 37/2006)

Resolución do 25 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que de conformidade co artigo 12 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo (Diario Oficial de Galicia número 48, do 9 de marzo) se fai pública a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2013 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Contratación temporal

Instrucións sobre tomas de posesión e cesamentos derivados do concurso de traslados de administración especial e das adxudicacións definitivas ao persoal de novo ingreso de administración especial

O vindeiro 17 de febreiro de 2014, publicaranse as disposicións polas que se abren os prazos posesorios (cesamentos e tomas de posesión) das adxudicacións derivadas do concurso de administración especial (F04/12) e das adxudicacións definitivas ao persoal de novo ingreso das escalas de administración especial.

Traslados

Regulación do goce fraccionado da excedencia por coidado de fillos/as e familiares

Tanto a excedencia por coidado de fillo/a menor de tres anos como a excedencia por coidado de familiares poderá gozarse de forma fraccionada, en períodos mínimos de un mes.

Permisos e licenzas

Concesión de permiso por asuntos persoais

Ao longo do ano 2013, o persoal funcionario terá dereito a gozar de ata catro días por asuntos persoais. O día adicional do ano 2013 poderá gozalo ata o 31 de marzo de 2014.

Permisos e licenzas

Publicación das listas definitivas (Decreto 37/2006)

Fanse públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Contratación temporal

Ábrese o prazo de solicitudes para as listas para o posto de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia

Postos reservados a funcionarios do corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia

Contratación temporal

Vixencia Ata o 15 de xullo de 2013
Apertura de determinadas listas (decreto 37/2006)

Resolución do 30 de maio de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración de listas para o desempeño transitorio de postos reservados a funcionarios de diversas especialidades das escalas de profesores numerarios e de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.

Resolución do 30 de maio de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se acorda a apertura de determinadas listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo.

Contratación temporal

C. de Política Social e Igualdade
Acceso á xubilación parcial e contrato de remuda do persoal laboral do convenio colectivo único da Xunta de Galicia

Resolución do 9 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo entre a Xunta de Galicia e as organización sindicais CIG, UGT, CC.OO. e CSIF, relativo ao acceso á xubilación parcial e contrato de remuda do persoal laboral do convenio colectivo único da Xunta de Galicia.

C. do Medio Rural
Convocatoria para a realización de probas físicas e visuais - ano 2013

Hoxe publícase no DOG a Resolución do 10 de abril de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se convocan para a realización das probas físicas e de agudeza visual os integrantes das listas reguladas polo Decreto 5/2007, do 25 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes a determinadas categorías de persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais e de persoal do Pladiga.

Contratación temporal

Instrucións sobre o rexime de vacacións, permisos e licenzas

Apróbase na Comisión de persoal de 12 de marzo a resolución da Dirección Xeral da Función Pública pola que se ditan instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas.

Permisos e licenzas