Avisos

Ten dispoñibles para consulta 112 avisos:
Amplíase o prazo nos procesos de selección abertos

Debido a unha actualización técnica, a plataforma de xeración de solicitudes de procesos selectivos non estivo operativa dende o venres 29 de maio ás 15:30 horas ao luns 1 de xuño ás 7:30 horas. Para os procesos selectivos con prazo de solicitude aberto, este ampliouse en tres días segundo o estipulado na orde publicada no DOG nº 99 do 28 de maio.

Procesos selectivos

Publicación das listas definitivas da actualización de méritos

O Diario Oficial de Galicia fixo pública a Resolución do 11 de maio de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que, de conformidade co artigo 12 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, se fai pública a actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2014 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Contratación temporal

Convocatoria para a realización de probas físicas e visuais - ano 2015

Hoxe publícase no DOG a Resolución do 21 de abril de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se convoca a realización das probas físicas e de agudeza visual aos/ás integrantes das listas reguladas polo Decreto 5/2007, do 25 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes a determinadas categorías de persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais e de persoal do Pladiga.

Contratación temporal

Publicación das listas definitivas - Inclusión 2014

O Diario Oficial de Galicia fixo pública a Resolución do 17 de decembro de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia, reguladas no Decreto 37/2006, do 2 de marzo.

Contratación temporal

Publicación das listas provisionais - Inclusión 2014

O Diario Oficial de Galicia fixo pública a Resolución do 22 de outubro de 2014 da Dirección Xeral da Función Pública pola que se fan públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal funcionario e a contratación temporal do persoal laboral da Xunta de Galicia, regulado no Decreto 37/2006, do 2 de marzo.

Contratación temporal

Novas mensaxes de información do sistema Kronos

A partir do luns, 9 de xuño, quedan activadas novas mensaxes de información no cumprimento da xornada laboral, no sistema de fichaxe Kronos.

Organización do traballo

Gozo do permiso por accidente ou enfermidade grave de familiar en días descontinuos

Aclaracións sobre a posibilidade do gozo de forma descontinua do permiso por accidente ou enfermidade grave dun familiar (artigo 76.1.a) do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei da Función Pública de Galicia), mentres persista o feito causante e ata o máximo de días establecido, que prevé a Resolución do 12 de marzo de 2013, da Dirección xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas (DOG nº 56, do 20 de marzo).

Permisos e licenzas

Resultados das probas físicas e visuais - ano 2014

A próxima semana aplicaranse nas listas de contratación os resultados das probas físicas e de agudeza visual dos integrantes das reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes a determinadas categorías de persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais e de persoal do Pladiga.

Contratación temporal

Convocatoria para a realización de probas físicas e visuais - ano 2014

Proximamente publicarase no DOG a resolución pola que se convocan as probas físicas e de agudeza visual do persoal admitido nas listas de contratación temporal dedicado ás tarefas de prevención e extinción de incendios forestais.

Contratación temporal

Instrucións das tomas de posesión e cesamento do concurso de administración xeral e das adxudicacións definitivas do persoal de novo ingreso

O vindeiro 31 de marzo de 2014 publicaranse as disposicións polas que se abren os prazos posesorios (cesamento e tomas de posesión) das adxudicacións derivadas do concurso de administración xeral (F01/13) e das adxudicacións definitivas ao persoal de novo ingreso do corpo de xestión (A2) e do corpo administrativo (C1) da Xunta de Galicia.

Procesos selectivos