Avisos

Ten dispoñibles para consulta 112 avisos:
Inclusión nas listas de contratación - 2016

O Diario Oficial de Galicia fixo pública a Resolución do 21 de decembro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, regulado no Decreto 37/2006, do 2 de marzo.

Contratación temporal

Inclusión nas listas de contratación - 2016

O Diario Oficial de Galicia fixo pública a Resolución do 3 de novembro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, regulado no Decreto 37/2006, do 2 de marzo.

Contratación temporal

Instrucións sobre tomas de posesión e cesamentos derivados do concurso de traslados F01/15

Estas instrucións dítanse co obxecto de coordinar a actuación das consellerías con respecto aos prazos de tomas de posesión e cesamentos no concurso de traslados para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia, reguladas no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, modificado polo Decreto 166/2013 do 14 de novembro, así como na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Traslados

Apertura de prazo para a cobertura dunha praza de técnico de seguridade, saúde laboral e ergonomía por persoal laboral fixo do grupo II, categoría 2 (ATS. Enfermeiro/a. Practicante. DUE)

Anúnciase a apertura para persoal laboral fixo do grupo II, categoría 002 (ATS/DUE), dun proceso para a cobertura dunha vacante dun posto de administración especial de técnico de seguridade, saúde laboral e ergonomía, subgrupo A2 e nivel 22, con código de RPT TR.A99.10.000.15001.037, localizado no centro de Seguridade e Saúde laboral do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral na Coruña.

Contratación temporal

Nota informativa sobre o horario de verán 2016

Horario de verán, período de aplicación do 16 de xuño a 15 de setembro (ambos os dous inclusive).

Organización do traballo

Nova resolución para regular as vacacións, permisos e licenzas ao persoal

Estas instrucións teñen por obxectivo unificar os criterios de actuación dos distintos órganos da Administración da Comunidade Autónoma competentes para a concesión de vacacións, permisos e licenzas ao persoal dependente deles.

Permisos e licenzas

Publicación das listas definitivas de inclusión 2015

O Diario Oficial de Galicia fixo pública a Resolución do 3 de decembro de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia, reguladas no Decreto 37/2006, do 2 de marzo.

Contratación temporal

Publicación das listas provisionais de inclusión 2015

O Diario Oficial de Galicia fixo pública a Resolución do 1 de outubro de 2015 da Dirección Xeral da Función Pública pola que se fan públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, regulado no Decreto 37/2006, do 2 de marzo. Pode consultar aquí a resolución.

Contratación temporal

Publícase a nova instrución para a aplicación dos complementos de incapacidade temporal

Vén de publicarse neste portal a Instrución do 21 de xullo de 2015 para a aplicación dos complementos de incapacidade temporal debida a continxencias profesionais e comúns, e nas situacións de maternidade, paternidade, risco durante o embarazo e risco durante a lactación natural para adaptalas á Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia. 

Permisos e licenzas

Modifícanse as instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas

Vén de publicarse neste portal a Resolución do 10 de xullo de 2015 da Dirección Xeral de Función Pública pola que se modifica a Resolución do 12 de marzo de 2013 relativa ás instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas, co fin de adaptala á Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Permisos e licenzas