SOLICITUDES NORMALIZADAS

Requisitos e información sobre xeración de solicitudes de procesos de xestión de persoal

Documentación necesaria

Solicitude de declaración na situación de servizos especiais

  • Deberá achegarse coa solicitude a documentación que motive o pase á situación de servizos especiais.

Solicitude de declaración na situación de servizos noutras administracións públicas

  • Fotocopia compulsada da dilixencia de toma de posesión nun posto doutra Administración con carácter definitivo.

Solicitude de excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público

  • Fotocopia compulsada da dilixencia de toma de posesión, contrato ou calquera outro documento que acredite a toma de posesión noutro corpo/escala.

Solicitude de excedencia voluntaria por interese particular

  • Fotocopia compulsada da dilixencia de toma de posesión, contrato ou calquera outro documento que acredite o motivo da excedencia.

O persoal funcionario de carreira pode solicitar a excedencia por interese particular cando prestara servizos efectos en calquera das administracións públicas durante un período mínimo de tres anos inmediatamente anteriores á solicitude. Para reingresar ao servizo efectivo será preciso permanecer nesta situación polo menos un ano. (Artigo 173 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia)

Solicitude de excedencia voluntaria para o coidado de fillos/as

  • Fotocopia compulsada do libro de familia, e/ou documento público que acredite a filiación.
  • Declaración de non realizar ningunha actividade que poida impedir ou menoscabar o coidado do fillo/a.

Solicitude de excedencia voluntaria para o coidado de familiares

  • Documento acreditativo da relación de consanguinidade ou afinidade segundo o grao que se establece no artigo 176 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
  • DNI da persoa familiar.
  • Declaración do/a funcionario/a de que non realizará ningunha actividade que poida impedir ou menoscabar o coidado da persoa familiar.
  • Certificado médico oficial ou documento dos órganos da Administración Pública competente na materia, acreditativo da situación de dependencia por idade, accidente, enfermidade ou discapacidade.
  • Certificado que acredite que non se está de alta en ningún Réxime da Seguridade Social pola realización dun traballo por conta propia ou allea e declaración da persoa dependente de que non desempeña actividade retribuída algunha.

A Administración poderá solicitar calquera outra documentación que considere necesaria.