Hemeroteca
Noticias publicadas antes de 2023
Galicia lidera os pasos das rexións da Unión Europea para fixar unha proposta conxunta, social e de futuro da política pesqueira común
Rosa Quintana, defendeu a necesidade dunha PPC que aposte pola remuda xeracional mediante a mellora das condicións de vida a bordo e a adecuación da formación para facer da profesión unha opción atractiva para a mocidade europea
Galicia defende a necesidade de elevar as posibilidades de pesca en 2023 tras varios exercicios de recortes
A comunidade lembra que a propia Comisión Europea recoñece o bo estado das pesqueiras nas que faena a frota galega e a concienciación do sector pesqueiro na conservación dos distintos recursos
Galicia acolle a próxima semana unha xornada de alto nivel sobre a política pesqueira común e os retos de futuro para adaptala ás necesidades do sector
O encontro, organizado pola Xunta en colaboración coa Conferencia de Rexións Periféricas e Marítimas, celébrase o luns e o martes no Pazo de Congresos e Exposicións da Coruña e contará coa participación tanto de representantes institucionais como do sector marítimo-pesqueiro a nivel nacional e europeo
A Xunta salienta a competitividade e capacidade de adaptación do sector pesqueiro galego aos novos hábitos dos consumidores
O Executivo galego ten en marcha diferentes proxectos como o programa Primare Lonxas 4.0 ou a marca pescadeRías para mellorar a eficiencia das transaccións comerciais e seguir apostando polo produto local
Galicia contará coa primeira aula formativa de España sobre pesca sostible na Escola Náutico-Pesqueira de Ribeira
A titular de Mar salientou que este novo contido formativo pretende chegar a todos os niveis educativos do centro e abarcará todo o proceso de captura dos recursos pesqueiros, desde que as embarcacións saen do porto ata o seu regreso a terra
A Xunta salienta o papel da pesca artesanal e do marisqueo na dinamización económica e laboral das zonas costeiras
A Consellería do Mar analizou nun evento a bordo do buque a vapor Hidria Segundo a situación actual e os retos de futuro destas dúas actividades fundamentais tanto para a economía galega como para a transformación do territorio
A Xunta promove o consumo de produtos do mar como clave para que a poboación galega siga no liderado mundial en materia de lonxevidade
Rosa Quintana destacou o feito de que Galicia sexa unha voz lexitimada para reivindicar o papel esencial do peixe na dieta, dado que a Comunidade ostenta o segundo posto en poboación cunha esperanza de vida máis alta de España