Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 258 novas da área temática Urbanismo:

29/10/21 | 12:36

A Xunta licita por case 290.000 euros a urbanización do parque público de Outeiro Cruz no Concello da Arnoia

O obxecto da actuación, que financiará a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda nun 70% e o Goberno local no 30% restante, é habilitar unha nova área de ocio e descanso para os veciños e facilitar o acceso a unha zona moi transitada

26/10/21 | 11:31

A Xunta e Nogueira de Ramuín actualizan a súa colaboración para velar polo cumprimento da disciplina urbanística

A Xunta amplía a súa intervención a aquelas actuacións suxeitas só a unha comunicación previa municipal, co obxectivo de evitar os impactos paisaxísticos que provocan estas pequenas intervencións

25/10/21 | 14:23

Medio Ambiente xestionará 445,3 M€ en 2022, un 20% máis, co obxectivo prioritario de facilitar o acceso á vivenda aos galegos

Ángeles Vázquez avanza unha nova medida para garantir un fogar á mocidade: a concesión dun aval por parte do Goberno galego para adquirir por primeira vez unha vivenda en propiedade

21/10/21 | 13:38

Medio Ambiente licita por case 100.000 euros as obras de mellora de varios espazos públicos no núcleo tradicional de Coirós de Abaixo

Ademais da humanización dunha superficie de case 12.000 m2, o proxecto tamén inclúe a construción dun parque público

As empresas interesadas en presentar a súa oferta a este contrato público dispoñen ata o 11 de novembro

19/10/21 | 14:38

A Xunta elabora unha guía para o deseño e instalación de cartelería co fin de garantir o equilibrio e 'destacar sen molestar'

Ángeles Vázquez salienta que este novo título, que se sumará aos 11 da Colección Paisaxe Galega que xa están publicadas, servirá para mellorar a imaxe das zonas históricas, das contornas rurais ou das entradas das cidades

13/10/21 | 11:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Consorcio Casco Vello de Vigo adquire un novo edificio no número 20 da rúa San Sebastián

A presidenta do CCVV e delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, firmou a operación de compra que supón un investimento de 80.000 euros

11/10/21 | 13:30

A Xunta e o Concello de Piñor colaborarán na construción dun edificio de usos múltiples no municipio, cun investimento de máis de medio millón de euros

A futura instalación constará de dúas plantas conectadas entre si por unha escaleira e un ascensor e terá unha superficie total construída de 372,97 metros cadrados

29/09/21 | 13:58

As obras de mellora da piscina de Vilardevós comezarán este outono

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de adxudicar o contrato desta actuación, por case 100.000 € e catro meses de execución, coa que se substituirá o circuíto hidráulico, se impermeabilizará o vaso e se illará a zona de baño infantil

29/09/21 | 12:14

A Xunta suma unha nova vivenda no barrio da Tinería logo de investir 140.000 euros na rehabilitación

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, entregou as chaves aos primeiros adxudicatarios deste inmoble da rúa Recanto do Miño que o IGVS recuperou tras anos de abandono