Hemeroteca

Noticias publicadas antes de 2023

Tiene disponibles para la consulta 873 noticias de la área temática Mar:

07/04/22 | 11:24

A Xunta convoca cinco novos permisos de explotación para marisqueo a pé na confraría de Pontevedra

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles tras a publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería do Mar

05/04/22 | 14:00

A Xunta reforza a campaña 'Galicia sabe amar' para animar a consumir peixes e mariscos, elevar os seus prezos e apoiar a frota ante a suba do gasoil

Rosa Quintana puxo en valor o importante papel do sector marítimo-pesqueiro na cadea de subministro e o seu esforzo ao ir faenar cuns prezos de combustibles á alza e que en moitas ocasións fan que a actividade non sexa rendible

04/04/22 | 15:01

A Xunta aplaude a sentenza do TSXG sobre o plan de marisqueo porque ratifica os argumentos de Galicia fronte á actuación ilóxica do Goberno central

A conselleira do Mar valorou no Parlamento o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia como unha vitoria do sector marisqueiro galego ante un ataque arbitrario do Executivo do Estado contra un sistema que leva funcionando perfectamente desde hai máis de 30 anos

04/04/22 | 14:11

Galicia defende máis apoios que garantan a rendibilidade dos profesionais do mar ante a suba do prezo do gasóleo

Rosa Quintana expuxo que, ademais de medidas de axuda á frota a curto prazo, tamén se deben adoptar outras a medio e longo termo

03/04/22 | 11:01

Un total de 180 persoas poderán beneficiarse dos tres novos cursos de mariñeiro pescador que convoca a Xunta de Galicia na modalidade ‘online’

Cada curso será tutelado por unha das tres escolas de ensino náutico-pesqueiro dependentes da Consellería do Mar e o período de prematrícula está aberto ata as 15:00 horas do próximo 12 de abril

02/04/22 | 11:16

Galicia ultima un estudo sobre o impacto que terían as limitacións á pesca de fondo en artes da frota costeira artesanal como os miños, o bou de vara ou os trasmallos

A comunidade remitirá este informe ao sector pesqueiro afectado e ás autoridades competentes para que sexan conscientes do impacto que poden ter nas artes menores as medidas propostas ao abeiro da Estratexia de Biodiversidade para 2030

01/04/22 | 14:55

Galicia promove as sinerxías entre os investigadores e o tecido empresarial para afrontar os retos de futuro no eido mariño e impulsar a súa transformación

A comunidade presenta un programa específico de ciencias mariñas que é o resultado do traballo de máis de 250 investigadoras e investigadores da comunidade científica galega e no que participan 80 grupos de investigación de sete institucións

31/03/22 | 19:38

Galicia ve insuficientes as medidas de apoio do Goberno central ao complexo mar-industria e lamenta a tardanza na súa aprobación

A Comunidade subliña que a frota pesqueira está a ver comprometida a súa actividade polo encarecemento constante do combustible e pola folga do transporte e que Executivo do Estado tardou máis de dúas semanas en actuar mentres que noutros países se tomaron decisións de xeito inmediato

31/03/22 | 11:08

Medio cento de entidades galegas de produtos do mar e do agro participarán na feira Alimentaria de Barcelona co apoio da Xunta de Galicia

A conselleira do Mar e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria visitarán este certame a vindeira semana para apoiar ás empresas galegas que asistirán a este evento tanto baixo o paraugas do Executivo galego como pola súa conta

31/03/22 | 10:56

A Xunta convoca tres novos permisos de explotación para marisqueo a pé na confraría de Lira e outros tres na modalidade de percebe a pé

O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles tras a publicación das dúas convocatorias no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería do Mar