Hemeroteca

Noticias publicadas antes de 2023

Tiene disponibles para la consulta 1142 noticias de la área temática Medio ambiente:

04/04/22 | 16:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias comproba o resultado das obras de eficiencia enerxética no CEIP Illas Cíes

A delegada territorial da Xunta en Vigo explica que se investiron preto de 48.000 euros nesta intervención, na que se renovaron os falsos teitos e luminarias e se destinaron 25.000 euros á ampliación da superficie da biblioteca escolar

04/04/22 | 15:36

A Xunta e o Concello de Santiago acordan o ámbito que albergará a nova ampliación do polígono da Sionlla

Ángeles Vázquez e Xosé Bugallo coinciden en que a parcela proposta polo Goberno galego é a “máis axeitada” para planificar o futuro crecemento do parque empresarial, xa que está moi próxima ao solo desenvolvido

02/04/22 | 13:01

A Xunta e o sector agrogandeiro colaborarán para seguir avanzando na compatibilidade entre os usos produtivos do territorio e a súa protección ambiental

Os produtores avogan por flexibilizar certos requisitos e trámites administrativos necesarios para o exercicio da súa actividade en espazos protexidos e en Rede Natura

29/03/22 | 15:02 | C. de Sanidade

Galicia afianza a súa posición en Europa como referente en liderado e resiliencia climática na asistencia sanitaria

O Sergas recibe o premio de ouro por duplicado, en liderado e en resiliencia climática, e con el as áreas sanitarias de Santiago de Compostela e Barbanza, prata en liderado e resiliencia climática; e a de Lugo, A Mariña e Monforte, prata en lidrado climático. Un total de 5 premios para o Sergas, dos 24 galardóns a servizos sanitarios de toda Europa

29/03/22 | 13:50

A Xunta investirá 392.000 € na nova senda fluvial do río Dorrón para potenciar a conservación da zona e fomentar o ecoturismo no concello de Sanxenxo

Ángeles Vázquez avanza que as obras comezarán nas próximas semanas e servirán para preservar o corredor ecolóxico do río, conectar os espazos naturais existentes na contorna e sensibilizar aos visitantes a través dun percorrido de 3,57 km

24/03/22 | 11:35

A Xunta chama á comunidade escolar a facer un último esforzo para incrementar a recollida de pilas na terceira edición do concurso ‘Pilabot’

As actividades desta campaña de reciclaxe de pilas entra na súa recta final, xa que resta unha semana para depositar estes refugallos e para que os escolares se inscriban no concurso artístico #EuSonPilabot

23/03/22 | 12:50

A Xunta presentará alegacións ao anteproxecto de Lei de protección dos animais do Goberno central

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda considera que certos aspectos da futura norma poden invadir competencias autonómicas na materia e advirte tamén das posibles colisións coa lexislación marco galega de 2018

23/03/22 | 12:14

Galicia reduce ata un 35,9% as emisións de gases de efecto invernadoiro e constata o avance cara á neutralidade climática

Ángeles Vázquez avanza que no ano 2020 se emitiron na Comunidade 18,60 millóns de toneladas de CO2, case 3 millóns menos que no ano anterior, fixando o peso de Galicia no total estatal nun 6,8%

22/03/22 | 12:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello de Avión para a adquisición dun vehículo con distintivo ambiental Eco

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe co delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, o concello de Avión, que recibiu unha axuda do Fondo de Compensación Ambiental de 28.650 euros

22/03/22 | 11:46

A Xunta opta ao Premio Natura 2000 da Comisión Europea co proxecto transfronteirizo Migramiño

A actuación foi creada para mellorar o estado de conservación dos hábitats fluviais e das principais especies migratorias de peixes e abrangue cinco espazos Red Natura, dous deles en Galicia