Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 13.141 novas:

23/05/2024 | 20:00 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño salienta que Galicia avanza xa no compromiso de elevar ata os 45 anos a idade máxima para acceder á reprodución asistida no Servizo Galego de Saúde

O Servizo Galego de Saúde está a reforzar con novos equipos as tres unidades de reprodución humana asistida, na Coruña, Santiago e Vigo, que son referencia para o resto de centros hospitalarios, e que pronto o serán tamén para o resto de España

23/05/2024 | 18:39 | C. do Mar

Villares destaca as melloras na habitabilidade e seguridade nos buques galegos e os seus efectos nas condicións de traballo dos profesionais

O titular de Mar subliñou as importantes sinerxías creadas entre as empresas pesqueiras da comunidade e os estaleiros no proceso de modernización da frota contribuíndo ao crecemento económico de Galicia

23/05/2024 | 18:34 | C. de Sanidade

O xerente do Servizo Galego de Saúde destaca o traballo da Xunta para garantir unha atención integral de calidade aos pacientes oncolóxicos pediátricos

Trátase dun novo espazo de xogo para que as nenas e nenos con tratamento oncolóxico no Hospital de Día poidan recibir as súas terapias ao aire libre e nun ambiente lúdico

23/05/2024 | 18:33 | C. de Facenda e Administración Pública

A Rede CeMIT incorpora novo material para facilitar a capacitación dixital das persoas con diversidade funcional

A Rede engade unha serie de dispositivos como ratos tipo panca, pantallas táctiles ou teclados braille, que poden ser solicitados polas aulas que os precisen

23/05/2024 | 18:13 | C. do Medio Rural

O matadoiro móbil da Consellería do Medio rural, pioneiro en España, mellora a rendibilidade das explotacións e o benestar animal

Así o valorou o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, en resposta a unha pregunta na Comisión 7ª do Parlamento

23/05/2024 | 18:08 | C. do Mar

Alfonso Villares pon en valor a fortaleza e a competitividade do sector pesqueiro galego como piares da súa presenza internacional

O responsable autonómico destaca a importancia de que as compañías galegas dominen todas as fases da produción, desde a captura da materia prima, ata comercialización do produto final para xerar un maior valor engadido 

23/05/2024 | 17:57 | C. de Economía e Industria

Lorenzana apela a seguir traballando conxuntamente na mellora competitiva, a transformación tecnolóxica e a diversificación do sector naval en Galicia

Salienta que este sector, xunto co da automoción, van ser os dous que van contar cun plan director dentro dos primeiros cen días de Goberno

23/05/2024 | 17:32 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Ana Ortiz destaca a Bienal de Cartelismo Terras Gauda como un “referente mundial” do deseño gráfico

A delegada territorial da Xunta salienta a traxectoria deste certame que durante un mes reúne as obras de artistas de 70 países na Estación Marítima de Vigo

23/05/2024 | 17:30 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete destaca o Gran Fondo Ézaro como “a rampla máis desafiante do ciclismo nacional” que desta volta contará co campión do mundo, Alejandro Valverde

Destaca a categoría popular desta proba que terá lugar o 7 de xullo e que está aberta a todos os públicos, sendo un evento apto para todas as idades e un escenario onde se mesturan as grandes lendas con ciclistas de todos os niveis