A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou hoxe o centro

A Xunta investirá preto dun millón de euros en obras de mellora na residencia de maiores de Oleiros

A actuación consistirá na reforma das cubertas do edificio para mellorar as súas condicións de illamento

Oleiros (A Coruña), 8 de setembro de 2024

A Xunta de Galicia ten en licitación obras de mellora na residencia de maiores de Oleiros, pertencente á rede pública autonómica. A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou hoxe este centro da rede pública autonómica ao que se destinarán 940.000 euros para acometer a reforma completa das cubertas do edificio.

As empresas interesadas en acometer estes traballos teñen de prazo ata finais deste mes de setembro para presentar as súas ofertas. Con esta actuación melloraranse as condicións de conservación e mantemento, así como as súas condicións de illamento e de salubridade de todos os elementos que forman a envolvente superior do inmoble.. Tamén se executarán novos canlóns e as conexións coas baixantes.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/09/2024