A conselleira Martínez Allegue participa nos actos de celebración da Patroa da Garda Civil na comandancia de Pontevedra
2024-10-12
/documents/35297/1467295/_G5A9313.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Poio (Pontevedra), 12 de outubro de 2024
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, participou hoxe nos actos de celebración da Patroa da Garda Civil na Comandancia de Pontevedra.
María M. Allegue, acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, felicitou á Garda Civil e agradeceulles o seu compromiso coa seguridade e benestar de todos os cidadáns.
Neste sentido, a conselleira tamén entregou distintas condecoracións que recoñecen o labor e a dedicación deste colectivo en favor da sociedade.
Ademais, a titular de Vivenda, na conmemoración hoxe tamén do Día da Hispanidade, celebrou “a nosa identidade compartida e a importancia de formar parte dun proxecto común”.
Data de actualización: 12/10/2024