Arias participa na entrega de premios do Ii Campionato de Coctelería e Xornadas da Hostalería da Mariña

Lugo, 26 de novembro de 2024

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou na entrega de premios do II Campionato de Coctelería e Xornadas da Hostalería da Mariña lucense, que acolle hoxe e mañá o Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias de Ribadeo.

A programación inclúe un showcooking de produtos locais do mar e da terra con Denominación de Orixe ou Indicación Xeográfica Protexida, ademais de charlas, catas, presentacións e entrega de trofeos. O IES de Foz tamén exhibe neste evento a calidade das ensinanzas relacionadas co mundo do café que se imparten nos ciclos de Hostalería do centro.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/11/2024