Belén do Campo e o alcalde de Arteixo visitan a zona declarada Área de Rehabilitación Integral (ARI) en Meicende-O Petón

Esta nova ARI ocupa unha superficie de 63.091 m2 que abrangue o solo urbano de uso residencial, incorporando , incorporando os asentamentos orixinais incluídos en Meicende das Eiras, Sobrado, Torroal e o Petón.

O ámbito da área de rehabilitación inclúe 154 edificios que suman un total de 343 vivendas, das que 96 son unifamiliares de tipo tradicional anteriores aos anos 50 do pasado século, e 58 plurifamiliares construídas entre os anos 60, 70 e 80

A delegada explicou que esta declaración facilita oportunidades aos cidadáns para mellorar a calidade das súas vivendas, a través da posta á disposición dos concellos fondos para a execución de actuacións de urbanización e reurbanización no ámbito das ARI

Arteixo (A Coruña), 6 de febreiro 2025

A delegada da Xunta, Belén do Campo, o alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo e a directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Begoña Freire, visitaron a zona declarada como Área de Rehabilitación Integral (ARI) Meicende-O Petón, a primeira que se declara neste municipio da provincia da Coruña.

A representante do Goberno autonómico apuntou que “esta declaración ten como obxectivo potenciar a rehabilitación de vivendas e obras de urbanización, reurbanización e humanización, repercutindo sobre as condicións de vida dos veciños, mellorándoas”.

Belén do Campo explicou que o Goberno galego busca coas declaracións de ARI facilitar oportunidades aos cidadáns para mellorar a calidade das súas vivendas, a través da posta á disposición dos concellos fondos para a execución de actuacións de urbanización e reurbanización no ámbito das ARI e, grazas ao compromiso de todos, avánzase na recuperación e conservación do patrimonio edificatorio dos concellos de Galicia.

ARI

Trátase dun ámbito, explicou a delegada, que ocupa unha superficie de 63.091 m2 que abrangue o solo clasificado polo planeamento municipal como solo urbano consolidado coa cualificación de uso global residencial, incorporando os asentamentos orixinais incluídos en Meicende das Eiras, Sobrado, Torroal e o Petón.

Incorpórase ademais a ARI os espazos públicos que dan soporte á edificación e, en particular, o viario antigo que serve de nexo de unión ou fío condutor dos asentamentos de orixe tradicional mediante un percorrido que é susceptible de intervención.

As propostas de reurbanización abranguen a totalidade do viario incluído na ARI, así como as zonas verdes do Petón e da UA-33 (na rúa María Zambrano).

No ámbito da área de rehabilitación discontinua, no que residen ao redor de 1.300 veciños, inclúense 154 edificios, sendo o número total de vivendas 343, das que 96 son unifamiliares de tipo tradicional anteriores aos anos 50 do pasado século, e 58 plurifamiliares construídas entre os anos 60, 70 e 80.

A xestión da ARI é competencia do Concello. Tras a declaración desta ARI en Arteixo, en Galicia existen 77 áreas de rehabilitación declaradas en 45 concellos, dos cales 12 pertencen á provincia da Coruña.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/02/2025