A Xunta amplía as beirarrúas da rúa Canido, en Vigo, para facilitar a mobilidade peonil

A delegada territorial en Vigo visitou este mércores os traballos da Axencia Galega de Infraestruturas que contan cun investimento de preto de 40.000 euros

Vigo, 12 de febreiro de 2025

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitou este mércores os traballos que a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), dependente da Consellería de Vivenda e Infraestruturas, leva a cabo na rúa Canido (PO-324) para mellorar a mobilidade peonil cun investimento de 39.554 euros.

Durante a visita, a representante autonómica destacou que as obras marchan a bo ritmo e teñen como obxectivo ampliar as beirarrúas da marxe esquerda da estrada, no tramo situado entre o cruce da rúa da Carrasqueira e a baixada á praia da Calzoa, onde existe unha parada de transporte urbano.

Asimesmo, explicou que a actuación inclúe a modificación do eixo e a beiravía da estrada, quedando os carrís cun ancho de 3 metros; a construcción de novas beirarrúas, a reposición de firmes e da sinalización horizontal e vertical.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/02/2025