A conselleira María M. Allegue mantén un encontro de traballo coa alcaldesa de Cambre

A Coruña, 6 de marzo de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe un encontro de traballo coa alcaldesa de Cambre, María Pan.

Na xuntanza, que tivo lugar esta mañá na Delegación Territorial da Xunta na Coruña, a conselleira e a rexedora abordaron actuacións en materia de infraestruturas, de interese para este municipio coruñés.

A conselleira subliñou a importancia da colaboración entre administracións para impulsar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/03/2025