A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas mantén un encontro de traballo co alcalde de Gondomar
2025-04-01
/documents/35297/1659057/_MG_0921.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Vigo, 1 de abril de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Gondomar, Juan Francisco Ferreira González.
Neste encontro, que tivo lugar na Delegación Territorial da Xunta en Vigo, a conselleira e o rexedor abordaron posibles actuacións en materia de vivenda e infraestruturas neste municipio pontevedrés.
M. Allegue salientou a importancia da colaboración entre administracións para impulsar proxectos que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade do municipio.
Data de actualización: 01/04/2025