Celeiro de Mariñaos, en Barreiros, acolle este sábado a terceira Festa do Veciño co apoio da Xunta

Barreiros (Lugo), 3 de abril de 2025

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe en Barreiros na presentación da terceira Festa do Veciño de Celeiro de Mariñaos, que se celebra este sábado, 5 de abril. 

A cita está organizada pola asociación de veciños e veciñas desta parroquia e conta coa colaboración da Administración autonómica. O obxectivo é xuntar á veciñanza nunha cea de confraternidade seguida de actuación musical e baile. 

A organización instalará unha carpa para albergar as actividades, que comezarán coa cea ás 21,30 horas. Arias destacou que a Xunta coopera con multitude de asociacións lucenses para impulsar todo tipo de propostas que fomentan a unión veciñal e revitalizan os barrios e os núcleos de poboación.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/04/2025