A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o alcalde de Sanxenxo analizan propostas para incrementar o parque público residencial no concello
Santiago de Compostela, 7 de abril de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo esta mañá unha reunión co alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, para analizar distintas propostas co obxectivo de incrementar o parque público residencial neste concello pontevedrés, co que continuar dando resposta á actual situación de déficit de vivenda.
Na xuntanza, que tivo lugar en San Caetano e á que asistiron tamén o secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, así como a primeira tenente de alcalde de Sanxenxo, María Deza, abordáronse propostas para a construción de vivenda protexida.
A conselleira e o alcalde acordaron manter un novo encontro proximamente no que seguir avaliando opcións de solo no concello.
María M. Allegue subliñou a importancia da colaboración entre administracións co fin de impulsar actuacións que contribúan ao desenvolvemento económico e social dos municipios e a mellorar o benestar da veciñanza.