A Xunta apoia a XIX Festa da troita de Navia de Suarna, que se celebrará o 18 de abril
Lugo, 10 de abril de 2025
A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación da XIX Festa da troita de Navia de Suarna, que se celebrará o 18 de abril e está organizada pola sociedade de pesca Río Navia co apoio do Goberno galego. No acto participaron o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o presidente da entidade organizadora, Antonio Duarte, entre outros.
A festa terá lugar na Praza de España da localidade e comezará coa sesión vermú e a comida na polbeira instalada nunha carpa cuberta. A partir das 21.00 horas está prevista a cea popular, a base de troitas e paella, para continuar coa verbena a cargo do trío “La quinta máquina”.
Arias subliñou que esta convocatoria consolidouse como “unha cita indispensable do Venres Santo, que reúne á veciñanza e a numerosos visitantes que durante estas datas retornan á vila e pobos da comarca e arredores”.