A rúa Benéfica de Conxo, en Santiago, rexistrará un corte de tráfico dende o luns por mor do acondicionamento do firme
O peche comezará o luns ás 10 horas e prevese restablecer o tráfico o vindeiro 12 de maio ás 8 horas
Para facilitar a mobilidade, habilitaranse desvíos alternativos por Volta do Castro e Santa Marta e tamén no cruzamento cara ao colexio Santa Apolonia
Santiago de Compostela, 3 de maio de 2025
A rúa Benéfica de Conxo, en Santiago de Compostela, rexistrará un corte de tráfico o luns por mor do acondicionamento do firme.
O peche da circulación comezará o luns ás 10 horas, á altura do cruzamento coa senda peonil e ciclista, prevendo restablecerse o tráfico o vindeiro luns, 12 de maio ás 8 horas.
Durante a execución dos traballos, o tráfico permanecerá pechado no tramo afectado, concretamente á altura da rúa Roláns e Ponte da Rocha.
Para facilitar a mobilidade, habilitaranse desvíos alternativos por Volta do Castro e Santa Marta e tamén no cruzamento cara ao colexio Santa Apolonia.
A Xunta informou deste corte ao Concello de Santiago, así como á compañía de autobuses urbanos.