Belén do Campo presidiu a reunión anual para a selección dos galardoados dos “Premios San Juan” 2025

A Coruña, 9 de maio de 2025

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, asistiu, como presidenta do xurado, á reunión anual dos “Premios San Juan” organizada pola Asociación de Meigas de las Hogueras de San Juan de La Coruña

Neste ocasión, concederanse os premios “Rey Alfonso IX" ao labor institucional; “María Pita", aos valores cidadáns; “Tenente Xeral Fernández Vallespín”, á cultura e valores artísticos”; “Meiga Maior” ao deporte e "Inés De Ben" á iniciativa empresarial e ao esforzo innovador; pola súa banda, o premio “Marineda” ao coruñesismo, será de concesión directa pola Comisión Promotora.

Esta entidade destaca como un exemplo de compromiso coa identidade coruñesa e co fomento das tradicións populares e estes galardóns, recoñecen, cada ano, a persoas e entidades que contribúen ao desenvolvemento ocial, cultural ou económico da cidade. A través das súas actividades, a Asociación de Meigas de las Hogueras de San Juan de La Coruña non só promove a celebración dunha das festas máis emblemáticas de Galicia, xa que conta coa declaración de Festa de Interese Turístico galega, nacional e internacional,senón que tamén impulsa o espírito de colaboración e orgullo local.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/05/2025