Diego Calvo reúnese cos alcaldes de Frades e de Porto do Son para avaliar posibles vías de colaboración

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2025

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, mantivo hoxe reunións co alcalde de Frades, Roberto Rey, e o rexedor de Porto do Son, Luis Oujo.

En ambos encontros abordáronse as principais necesidades destes municipios e avaliáronse posibles vías de colaboración desde a Xunta para contribuír na execución de diferentes proxectos municipais no marco do compromiso do Goberno galego co eido local.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/05/2025