O delegado territorial da Xunta en Ourense presenta a 4ª edición do ciclo ‘Rock entre pedra e poesía’

Manuel Pardo sinalou que este tipo de iniciativas teñen como principal obxectivo, resaltar espazos de incalculable valor patrimonial e cultural como ten a provincia de Ourense a través da música de sempre

O grupo Los Secretos actuará o 22 de agosto no claustro do Mosteiro de San Salvador de Celanova

O prezo das entradas, xa á venda  en com, teñen un prezo individual de 35 euros máis gastos de xestión da empresa distribuidora en venda anticipada

Ourense, 22 de maio de 2025

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá, acompañado do director da área de Cultura e Deporte  da Deputación Provincial, Marcos Vázquez, e do alcalde de Celanova, Antonio Puga, na presentación da cuarta edición do Ciclo Rock entre pedra e poesía, que se celebrará no Claustro do mosteiro de San Salvador de Celanova o 22 de agosto co concerto de Los Secretos.

O delegado territorial sinalou que iniciativas como as que hoxe estamos a presentar, patrocinadas por Turismo de Galicia, coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense e do  concello de Celanova, teñen como principal obxectivo, que a través da música de sempre, se resalten espazos de incalculable valor patrimonial e cultural como ten a provincia de Ourense.

Un modelo de evento que consiste nun formato cercano e deseñado acorde ao lugar onde se desempeña, deste xeito o claustro será a mellor escenografía posible para o espectáculo. Estes concertos están diseñados para un público asentado que disfrute de música de alta calidade en directo de maneira repousada e que saberá apreciar este evento respectando un marco único e incomparable

O prezo das entradas, xa  á venda  en Ataquilla.com, teñen un prezo individual de 36 euros máis gastos de xestión da empresa distribuidora en venda anticipada, e 40 euros o mesmo día do concerto. O aforo do mesmo terá un máximo de 800 persoas e a hora de comezo será ás 22,00 horas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/05/2025