A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas mantén unha reunión co alcalde de Catoira
2025-05-30
/documents/35297/1724999/0B791ABD-02CC-404D-98D8-95B5BB12CC41.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Pontevedra, 30 de maio de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe un encontro de traballo co alcalde de Catoira, Xoán Xosé Castaño.
Nesta reunión, que tivo lugar na Delegación territorial da Xunta en Pontevedra, a conselleira e o alcalde abordaron actuacións en materia de infraestruturas, de interese para este municipio.
O Goberno galego continúa apostando pola colaboración cos concellos para impulsar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a reforzar a competitividade económica, fixando tamén poboación no rural.
Data de actualización: 30/05/2025