O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes reúnese coa alcaldesa de Triacastela e co alcalde de Covelo

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2025

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, reuniuse hoxe coa alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, e, acompañado pola directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, co alcalde de Covelo, Pablo Castillo. Os encontros centráronse en abordar as principais necesidades de ambos os municipios e explorar posibles vías de colaboración desde a Xunta para executar proxectos no marco do compromiso do Goberno galego co eido local.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/05/2025