Arias asiste ao acto institucional do Día da Subdelegación de Defensa en Lugo

Lugo, 3 de xuño de 2025

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu esta mañá ao acto institucional do Día da Subdelegación en Lugo. 

Durante o evento, que se desenvolveu no Vello Cárcere, impuxéronse condecoracións a persoal destacado pola súa traxectoria e servizo e entregáronse os premios do concurso literario escolar ‘Carta a un militar’. O acto rematou cunha ofrenda floral en homenaxe aos caídos por España.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/06/2025