María José Gómez reivindica o papel do colectivo feminino no agro nunha reunión coa Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural

Ourense, 17 de xuño de 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, mantivo hoxe un encontro coas representantes da Confederación de Federacións e Asociacións de Familias e Mulleres do Medio Rural (Afammer).

Nesta xuntanza, a conselleira reivindicou o papel protagonista do colectivo feminino no agro galego e puxo en valor o labor que se está levando a cabo dende a Xunta para avanzar na igualdade de oportunidades das mulleres no rural, así como os proxectos que a asociación ten previsto desenvolver no futuro na nosa comunidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/06/2025