A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas mantén un encontro de traballo co alcalde de Leiro
2025-06-19
/documents/35297/1744564/250619_Leiro_x-3.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Leiro, Francisco José Fernández.
Nesta reunión, que tivo lugar esta mañá en San Caetano, a conselleira e o alcalde abordaron actuacións en materia de urbanismo e infraestruturas, de interese para este municipio. Tamén participou na xuntanza a directora territorial da Consellería en Ourense, Pilar Fernández León.
O Goberno galego continúa prestando apoio aos concellos para impulsar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a fixar poboación no rural.
Data de actualización: 19/06/2025