Medio Rural avalía cos criadores de rubia galega a colaboración a prol desta raza gandeira autóctona

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2025

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, mantivo hoxe un encontro cos responsables da Asociación nacional de criadores de gando vacún selecto de raza Rubia Galega (Acruga) encabezados polo seu presidente, César Dorado.

A xuntanza serviu para avaliar a colaboración entre esta entidade e a Consellería do Medio Rural en materia de diversificación e consolidación xenética desta raza gandeira autóctona de Galicia, así como para avanzar na cooperación futura entre ambas partes neste mesmo eido.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/06/2025