Lorenzana visita as instalacións da empresa Berandric en Ordes

Ordes (A Coruña), 8 de agosto de 2025

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou as instalacións da empresa Berandric situada no concello coruñés de Ordes e especializada no tratamento superficial de estruturas metálicas.

Na visita, Lorenzana explicou que “o noso obxectivo é apoiar e impulsar o crecemento e a atracción de empresas para mellorar a competitividade do tecido empresarial de Galicia e xerar riqueza”, dixo. Finalmente puxo en valor o potencial do concello de Ordes como centro neurálxico para a dinamización empresarial e a captación de investimentos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/08/2025