A Xunta apoia na Feira do Viño de Monterrei ao sector vitivinícola como xerador de emprego e riqueza na provincia de Ourense

Verín (Ourense), 9 de agosto de 2025

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, asistiu hoxe á XVIII Feira do Viño de Monterrei que se celebra esta fin de semana no municipio ourensán de Verín e que reflicte ao sector vitivinícola como xerador de emprego rural e riqueza na provincia de Ourense. 

Alí realizaron un percorrido polos diferentes postos que participan nesta cita dedicada a este sector estratéxico no emprendemento ligado ao territorio e cun importante arraigo local. Nel tamén estivo o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/08/2025