A Xunta adxudica por 150.000€ as obras de mellora dos espazos públicos de Meda e Lamalonga, na Veiga

A actuación, cun prazo de 4 meses, consistirá na creación dun parque infantil e unha zona de estancia para os veciños en cada un destes lugares

As obras enmárcanse nun convenio de colaboración entre a Xunta, que asumirá o 70% do investimento, e o Concello da Veiga, que aportará o 30% restante

Os traballos desenvólvense ao abeiro do Plan Hurbe, co que a Xunta axuda aos concellos a financiar actuacións que poidan recuperar equipamentos públicos

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2025

A Xunta adxudica por 150.000€ as obras de mellora dos espazos públicos dos lugares da Meda e Lamalonga, no concello ourensán da Veiga.

Estes traballos, adxudicados á empresa Explotacións Medioambientais S.L.U, teñen un prazo de execución de 4 meses.

A intervención consiste na habilitación dun parque infantil e unha zona de estancia para os veciños en cada un destes núcleos rurais.

Esta actuación enmárcase no convenio de colaboración entre a Xunta, que asumirá o 70% do investimento, e o Concello da Veiga, que aportará o 30% restante do orzamento necesario.

Os traballos desenvólvense ao abeiro do Plan Hurbe, co que a Xunta axuda aos concellos a financiar actuacións singulares que poidan recuperar espazos públicos ou mellorar equipamentos públicos para ofrecerlles máis posibilidades de desfrute á cidadanía.

O Goberno galego, mediante este programa, segue impulsando a continuada colaboración coas entidades locais para a execución de obras e outras actuacións de mellora de contornos urbanos, de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas e de equipamentos públicos que teñan por finalidade a revitalización do territorio e o reequilibrio territorial.

Data de actualización: 01/09/2025