A conselleira María M. Allegue mantén un encontro de traballo co alcalde de Ribadumia
2025-09-09
/documents/35297/1853189/250909_Ribadumia_x-5.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo esta tarde un encontro de traballo co alcalde da Ribadumia, David J. Castro Mougán.
Nesta reunión, que tivo lugar en San Caetano, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións de interese para este concello pontevedrés, de xeito especial en materia de urbanismo.
María M. Allegue puxo en valor a importancia da colaboración entre administracións para impulsar actuacións que contribúan ao obxectivo común de mellorar a calidade de vida da veciñanza.
Data de actualización: 09/09/2025