A Xunta reflicte na 37ª Feira do Moble de Galicia o seu apoio á potenciación do sector

A Estrada (Pontevedra), 18 de setembro de 2025

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, asistiron ao acto de inauguración da 37ª Feira do Moble de Galicia, que acolle o concello pontevedrés da Estrada ata o 21 de setembro e realizaron un percorrido polos expositores participantes nesta cita. 

Este certame é un escaparate da innovación e da evolución do sector así como un punto de encontro clave para esta industria e tamén para o interiorismo e a decoración. En feiras coma esta, o Goberno galego reflicte a súa aposta en prol de citas deste tipo que acollen os recintos feirais que representan espazos estratéxicos para acoller eventos que dean pulo aos distintos sectores económicos en beneficio do tecido produtivo local e dos veciños e veciñas de cada zona.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/09/2025