Rueda participa no concello de Trazo na celebración da Romaría de San Mateo
2025-09-21
/documents/35297/1860068/250921_Prsidnte_RomriaSanMateo-00.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Trazo (A Coruña), 21 de setembro de 2025
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acompañado polo conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe á tradicional Romaría de San Mateo, na parroquia de Vilouchada, no concello de Trazo.
Tratase dunha romaría, de fondas raíces relixiosas e culturais, que leva celebrándose durante séculos e que constitúe un símbolo de identidade para o concello de Trazo e para toda a comarca. Coa súa presenza, o titular do Executivo galego quixo poñer en valor a importancia das festas populares como expresión de encontro, de celebración e de posta en valor da nosa cultura popular.
Data de actualización: 21/09/2025