O delegado territorial da Xunta reúnese coa nova directiva da Federación Provincial de Asociacións de Veciños de Ourense Limiar
2025-10-10
/documents/35297/1878432/101025+Reunion+AAVV+Limiar1.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 10 de outubro de 2025
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá na Delegación territorial coa nova directiva da Federación Provincial de Asociacións de Veciños de Ourense Limiar, encabezada polo seu presidente José Luis Lorenzo, que explicou os principais obxectivos da entidade para este mandato.
Manuel Pardo transmitiulles o apoio do Goberno galego e a cooperación activa nas iniciativas que van a levar a cabo, e puxo en valor do asociacionismo veciñal como un elemento que contribúe ao benestar dos cidadáns.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 10/10/2025