A conselleira María M. Allegue participa nos actos de celebración da Patroa da Garda Civil na Comandancia de Pontevedra
2025-10-12
/documents/35297/1878438/_G8A6160.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Poio (Pontevedra), 12 de outubro de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, participou hoxe nos actos de celebración da Patroa da Garda Civil, a Virxe do Pilar, na Comandancia de Pontevedra.
No marco desta conmemoración, Allegue asistiu á misa que tivo lugar na Igrexa do Mosteiro de San Xoán de Poio.
A conselleira, que tamén entregou distintas condecoracións, trasladou o agradecemento da Xunta polo compromiso coa seguridade e benestar da cidadanía.
Data de actualización: 12/10/2025