A Xunta destaca a campaña ‘Persoas vs Algoritmos’ da Federación da librarías de Galicia para poñer en valor estes establecementos de proximidade

A Coruña, 31 de outubro de 2025

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe tres librarías na cidade da Coruña no marco do peche da campaña Persoas vs Algoritmos, impulsada pola Federación de librarías de Galicia e apoiada pola Xunta. Aproveitando a visita, puxo en valor esta acción destinada a enxalzar o tecido libreiro de proximidade en toda a Comunidade, ao tempo que coñeceu de primeira man a repercusión da campaña que vén desenvolvéndose nos últimos meses.

Así, Alén coincidiu en poñer de relevo o valor humano e o asesoramento personalizado das librarías de proximidade, facendo fincapé en que este tipo de establecementos se erixen como espazos de encontro e comunidade, máis aló de dedicarse á venda de libros. Nesa liña, salientou o compromiso do sector libreiro galego coa innovación, coa cultura e coa proximidade, erixíndose como pezas esenciais do tecido comercial e cultural galego.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 31/10/2025