A Xunta anuncia que a Galiña Azul de Chantada contará desde o 2026 con servizo de cociña no centro, grazas a unha inversión de preto de 50.000 euros

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar sinalou que as actuacións realizadas en verán permitiron adaptar as instalacións para contar con este servizo

Chantada (Lugo), 31 de outubro de 2025

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, acompañado do alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, visitaron as obras da escola infantil pública autonómica na que a Xunta investiu este verán preto de 50.000 euros. As obras foron realizadas polo concello grazas ao convenio de colaboración asinado coa Xunta e grazas ao cal se  adaptou a cociña para poder contar a partir do 2026 con este servizo nas instalacións.

O xerente destacou que as obras realizadas este verán no centro permitiron adaptar a lavandería e o comedor, para adaptar a cociña. Está previsto, que comece a funcionar a partir do mes de xaneiro, este mesmo curso.

Así mesmo, Perfecto Rodríguez sinalou que as actuacións tamén permitiron mellorar o servizo de lavandería con novo mobiliario e aparellos, ao igual que na zona de cociña na que ademais da adaptación do espazo se instalaron novos electrodomésticos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 31/10/2025