A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo coa alcaldesa de Viveiro
2025-11-06
/documents/35297/1903830/251106_Vivnda_ReuAlcldsaViveiro-4.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo coa alcaldesa de Viveiro, María del Carmen Gueimunde.
No encontro mantido esta tarde en San Caetano, e no que tamén estivo a directora da Axencia Galega de Infraestruturas, María Deza, abordáronse diferentes actuacións vencelladas ás competencias da consellería, de interese para este municipio.
A reunión enmárcase na liña de colaboración que vén mantendo o departamento que dirixe María M. Allegue cos concellos, prestándolles apoio para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Data de actualización: 06/11/2025