As obras na autovía Santiago-A Estrada (AG-59) fan necesario o corte de tráfico no seu cruce coa AC-241 en Teo
Na actualidade estanse a executar os traballos de construción do novo enlace da autovía AG-59 coa AC-241, Ponte Ulla (N-525) - Pontevea (AC-841)
Para garantir a seguridade dos vehículos que circulan pola AC-241, mentres se acometen estes traballos, foi necesario cortar o tráfico nesta vía autonómica
Os vehículos lixeiros circularán pola vía DP-8201 e os pesados deberán seguir por esta estrada ata o enlace coa AG-59 nos Verxeles ou ben acceder no enlace de Ponte Ulla da AP-53 ata a AG-59
Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2025
As obras na autovía Santiago-A Estrada (AG-59) fan necesario o corte de tráfico no seu cruzamento coa estrada AC-241 en Teo.
Na actualidade estanse a executar os traballos de construción do novo enlace da autovía AG-59 coa AC-241, Ponte Ulla (N-525) - Pontevea (AC-841).
Co obxectivo de garantir a seguridade dos vehículos que circulan pola estrada AC-241, mentres se acometen os citados traballos, foi necesario cortar a circulación nesta vía autonómica.
Para facilitar a mobilidade habilitáronse desvíos alternativos para vehículos lixeiros a través da estrada provincial DP-8201 e outras vías de ámbito local.
No caso dos vehículos pesados, deben continuar por esta estrada ata o enlace coa AG-59 nos Verxeles ou ben acceder no enlace de Ponte Ulla da AP-53 ata a AG-59.
A Xunta segue avanzando nos traballos, con todos os medios dispoñibles, para minimizar as afeccións derivadas deste corte de circulación.