A delegada territorial da Xunta en Ferrol apoia á Fundación Galega da Muller Emprendedora na presentación do seu novo padroado
Narón (A Coruña), 14 de decembro de 2025
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta tarde no Centro de Interpretación dos Muíños industrias de Xuvia (CEMIX), en Narón na presentación do novo padroado da Fundación Galega da Muller Emprendedora (FGME), que destacou como referente do liderado feminino no ámbito galego.
Durante o encontro, compartíronse as liñas mestras do traballo da entidade para o próximo ano e presentáronse algunhas iniciativas coas que a fundación busca reforzar o tecido emprendedor e a conexión entre administracións, empresas e sociedade civil.
A Fundación Galega da Muller Emprendedora é unha entidade sen ánimo de lucro, de ámbito autonómico que naceu en 2001 coa intención de facilitar o desenvolvemento persoal e profesional da muller traballadora, sexa empresaria ou emprendedora, ao longo da súa vida labora, e mellorar a empregabilidade e a maduración das súas iniciativas emprendedoras. Ten por obxecto a potenciación, o reforzo e a participación da muller no ámbito empresarial e profesional de calquera índole.