A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde da Lama
2026-01-20
/documents/35297/2005347/260120_Lama_x-2.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2026
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde da Lama, David Carrera.
No encontro mantido esta tarde en San Caetano, e no que tamén estivo o director territorial da Consellería en Pontevedra, José Manuel González, abordáronse actuacións en materia de infraestruturas, de interese para este municipio.
A Xunta segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Data de actualización: 20/01/2026