Diego Calvo reúnese co embaixador do Xapón en España
2026-02-06
/documents/35297/2021700/20260206ReunionEmbaixadorXapon+%281%29.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2026
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, mantivo unha reunión co embaixador do Xapón en España, Hiroshi Yamauchi. O encontro dá continuidade ás relacións institucionais entre Galicia e o Xapón, fortalecidas nos últimos anos tanto polas visitas realizadas á comunidade polo anterior embaixador xaponés como polo incremento das relacións económicas e comerciais entre ambas as dúas partes.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 06/02/2026