Alfonso Rueda participa na LVIII Feira do Cocido de Lalín
Lalín (Pontevedra), 8 de febreiro de 2024
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu hoxe á LVIII Feira do Cocido de Lalín, declarada Festa de Interese Turístico Internacional.
A festividade tivo este ano como pregoeiro ao cirurxián Diego González Rivas, e nesta edición tamén foron elixidos como novas e novos comendadores o divulgador científico Jorge Mira; o coleccionista de xoguetes Manuel Chaves Cuíña; o secretario xeral da Lingua, Valentín García; a concelleira de Turismo do Concello de Madrid, Almudena Maíllo; o xerente de Megodeza, Ramiro Mejuto; a xornalista, escritora e conferenciante Irene Villa; o técnico da selección nacional absoluta de fútbol, Luis de la Fuente; e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue.