O Diario Oficial de Galicia publica o nomeamento dos tribunais cualificadores de diversos procesos selectivos do Servizo Galego de Saúde
Proximamente publicarase a relación definitiva dos admitidos e excluídos nos procesos selectivos para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario sanitario e na categoría de persoal de servizos xerais
Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2026
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, a resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos pola que se nomean os tribunais cualificadores nos procesos selectivos para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario sanitario e na categoría de persoal de servizos xerais.
Deste xeito procédese a nomear os membros dos tribunais, titulares e suplentes que xulgarán os procesos selectivos das categorías de enfermeiro, enfermeiro especialista en enfermería familiar e comunitaria, enfermeiro especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón), enfermeiro especialista en enfermería pediátrica, enfermeiro especialista en enfermería do traballo, persoal de servizos xerais, técnico en coidados auxiliares de enfermería, técnico en farmacia e técnico superior en imaxe para o diagnóstico.
A relación provisional de aspirantes admitidos e excluídos, así como das persoas exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega nas categorías estatutarias publicouse o pasado 15 de xaneiro de 2026.
O Servizo Galego de Saúde ten habilitado un enderezo de correo electrónico no que os aspirantes poderán dirixir as súas dúbidas ou consultas: oposiciones@sergas.es. Estas consultas non terán a consideración de recursos.
Proximamente, publicarase a relación definitiva dos aspirantes admitidos e excluídos destas categorías.