A delegada da Xunta en Ferrol asistiu ao acto de toma de posesión da xefa da comisaría local de Ferrol-Narón

Ferrol, 10 de febreiro de 2026

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta mañá ao acto de toma de posesión da Xefa da Comisaría Local Ferrol-Narón, Dona Cristina Ochoa Nalda, que tivo lugar no Antigo Hospicio de Ferrol, celebrado en presenza de autoridades civís, militares e policiais. 

A delegada territorial trasladou os seus mellores desexos á nova responsable policial no desempeño das súas funcións, destacando a importancia da colaboración institucional para seguir reforzando a seguridade e o servizo público no ámbito territorial de Ferrol e Narón.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/02/2026