A Xunta corta un carril da autovía do Morrazo AG-46 tras o deslizamento de terras en Xalde, en Moaña

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, desprazouse ata Moaña para supervisar o alcance do desprendemento na autovía e interesarse pola persoa ferida no suceso

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2026

A Xunta corta un carril da autovía do Morrazo (AG-46) tras o deslizamento de terras producido esta mañá en Xalde, en Moaña. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto á directora da Axencia Galega de infraestruturas, María Deza, desprazouse esta mañá ata Moaña para interesarse polo estado da persoa ferida a consecuencia deste desprendemento de terra que afectou a unha construción situada xunto á autovía do Morrazo e comprobar o alcance dos danos.

Os servizos de conservación de estradas informaron deste suceso arredor das 11 horas á conselleira, que de inmediato contactou coa alcaldesa de Moaña e desprazouse ata a zona, onde sinalou que todo apunta, segundo as primeiras estimacións, a que o derrubamento produciuse a consecuencia das fortes e continuadas choivas nos recentes temporais.

O ferido foi atendido polos servizos de emerxencia no lugar e logo trasladado ao hospital de referencia. Segundo a valoración inicial, non reviste gravidade.

O corte do tráfico realizase nun carril do viario sentido Rande (o de incorporación á autovía desde a autovía desde Cangas) para garantir a seguridade da circulación e os técnicos permanecen no lugar, revisando a zona e realizando as comprobacións oportunas. A conselleira destacou que a Axencia Galega de Infraestruturas intensificou a vixilancia desde o inicio dos temporais.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/02/2026